Producions Teatráis EXCÉNTRICAS é una empresa que se dedica á creación de espectáculos teatrais, de productos de entretenimento e outros obxectos culturais. EXCÉNTRICAS sirve como plataforma de produción a marcas como MOFA&BEFA, o duo cómico de Evaristo Calvo e VÍctor Mosqueira, aos espectáculos unipersoais de Quico Cadaval e a proxectos musicais de Piti Sanz.
"AS DESTERRADAS. TEATRO E MEMORIA HISTÓRICA"
Pazo da Peregrina de Bertamiráns (Concello de Ames)
Coloquio aberto á veciñanza
19:00h
Entrada de balde ata completar aforo
AS DESTERRADAS
Foz
Sala Bahía
20:30h
AS DESTERRADAS
Ames
Casa da Cultura de Bertamiráns
20:30h
QUICO CADAVAL Conta...
30 ANOS A CONTAR HISTORIAS. NOTAS DE RODAPÉ
Casa Museo Manuel María
Outeiro de Rei
20:00h
Entradas 5€
Reservas en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621
AS DESTERRADAS
Vigo
Auditorio Municipal
20:00h
AS DESTERRADAS
Cangas
Auditorio Xosé Manuel Pazos
20:00h
AS DESTERRADAS
Lugo
Auditorio Gustavo Freire
20:30h
O AUTO DO CASTROMIL
Barbadás
Casa da Cultura
20:30h
MALA VIDA E PIOR MORTE DE RICARDO III
Ortigueira
Teatro da Beneficencia
19:30h
MONSTROS
Soutomaior
Multiusos de Arcade
A VER QUE PASA con EVARISTO CALVO
II Ciclo de Monólogos de Porto do Son
Casa da Cultura de Porto do Son
Entradas á venda por 6€ ou todo o bono (4 actuacións por 20€).
Podes mercar as entradas nas Casas da Cultura de Porto do Son, Miñortos, Portosín e San Pedro.
CARTOÓNS
A Coruña
Teatro do Andamio
Dobre función ás:
12:30h
18:00h
AS DESTERRADAS
Arteixo
Auditorio Centro Cívico e Cultural
TRES VELLAS (NA ROMARÍA)
Burela
TRES VELLAS (NA ROMARÍA)
Ribadeo
AS DESTERRADAS
A Coruña
Teatro Rosalía
20:30h
O AUTO DO CASTROMIL
Sada
Casa da Cultura Pintor Lloréns
AS DESTERRADAS de Carme Varela (25º Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais)
No século XVI unha pequena comunidade de monxas á beira do Miño vese ameazada pola
cobiza da hierarquia eclesiástica. Os señores da Igrexa, para rematar coa resistencia das
freiras non dúbida en difamalas e ameazadas por todos os medios, desde o tribunal da
inquisición á violencia das mesnadas señoriais.
Carme Varela reconstrúe nun thriller conventual aqueles tempos de resistencia das comunidades de mulleres autosuficientes e poderosas. A vida parece continuar coas suas rotinas de rezos, bordados e melindres, mais a negra sombra da ameaza exterior abátese sobre o convento de Albeos. A heroica resistencia daquelas freiras chega agora encarnada nun elenco luxoso (Melania Cruz, Patricia Vázquez, Rebeca Montero, Rocío González, Belén Constenla e Víctor Mosqueira), dirixidas por Quico Cadaval.
Grande, inmenso, éxito no comezo da xira de AS DESTERRADAS, cunha estrea totalmente chea, e minutos de aplausos, no Teatro Principal de Santiago. Tralas 5 primeiras funcións (2 en Santiago, 2 en Rianxo, unha delas para centros de ensino e 1 en Tui), AS DESTERRADAS supera a barrera dos 1.500 espectadores.
A xira continúa visitando as seguintes cidades:
Podes ver o trailer de AS DESTERRADAS, premando no enlace.
AS DESTERRADAS conta co apoio económico da Xunta de Galicia e a Axencia Galega das Industrias Culturais ao abeiro das subvencións a creación escénica 2024.
Este mércores, 26 de marzo, o Pazo da Peregrina de Bertamiráns acollerá un coloquio aberto á veciñanza sobre a peza teatral “As desterradas”. Nesta charla participarán Carme Varela, escritora da obra, e Quico Cadaval, director da peza teatral. A actividade terá lugar ás 19.00 horas e a entrada será libre ata completar aforo.
Este encontro é unha actividade de mediación que realiza a compañía Producións Teatrais Excéntricas por ter realizada unha residencia artística desenvolvendo os ensaios de "As Desterradas" na Casa da Cultura de Milladoiro.
Ademáis, o venres 28 de marzo, a compañía levará a peza completa de "As Desterradas" á Casa da Cultura de Bertamiráns. A función comezará ás 20:30 horas con entradas esgotadas dende hai semanas.