Producións TeatrAis EXCÉNTRICAS

EXCÉNTRICAS
Producions Teatráis EXCÉNTRICAS é una empresa que se dedica á creación de espectáculos teatrais, de productos de entretenimento e outros obxectos culturais. EXCÉNTRICAS sirve como plataforma de produción a marcas como MOFA&BEFA, o duo cómico de Evaristo Calvo e VÍctor Mosqueira, aos espectáculos unipersoais de Quico Cadaval e a proxectos musicais de Piti Sanz.

PRÓXIMAS FUNCIÓNS
Lista de servicios
-
06 de XUÑO
QUICO CADAVAL CONTA... VACAS, GUERRAS, CERDOS Y CURAS no III Festival Internacional de Narración Oral, Memoria, Tierra y Voz.
San Miguel de Pino (Tordesillas)
Salón Multiusos
20:00h
-
06 de XUÑO
MALA VIDA E PIOR MORTE DE RICARDO III
Culleredo
Edificio de Servizos Múltiples do Burgo
20:30h
As entradas son de balde e estarán dispoñibles para a súa reserva dende hoxe luns 2 de xuño en horario de 16:00 a 21:00 horas no teléfono 981665597 ou no propio Edificio de Servizos Múltiples do Burgo (Culleredo).
-
08 de XUÑO
QUICO CADAVAL CONTA... no III Festival Internacional de Narración Oral, Memoria, Tierra y Voz.
San Miguel de Pino (Tordesillas)
Contada Colectiva
Salón Multiusos
21:00h
-
14 de XUÑO
QUICO CADAVAL no Maratón de los Cuentos de Gudalajara
Guadalajara
Salón de Actos del Infantado
Conversaciones 1: La mitología como material narrativo. Nicolás Buenaventura, Quico Cadaval y Yoshi Hioki, reflexionan sobre por qué han elegido contar historias mitológicas, sobre la perspectiva desde la que las cuentan (¿modifican, reinterpretan, las cuentan de diferente manera cada vez…?), y dan consejos a quienes quieran empezar a contar historias mitológicas. Coordina: Blanca Calvo.
-
14 de XUÑO
QUICO CADAVAL CONTA COMPLEXO DE EDIPO... no XXXVI Festival de Narración Oral Profesional del Maratón de los Cuentos de Guadalajar
Guadalajara
Teatro Moderno
21:00h
El Festival es la única actividad con precio de entrada: 5 euros. Las entradas se ponen a la venta a partir del 9 de junio on-line (www.entradium.com), y en la taquilla del Teatro Moderno media hora antes del comienzo del Festival.

as novas
ATÉ A VISTA, PITI
Hoxe soubemos da perda de Piti Sanz. A grande família de Excéntricas sente o valdeiro que nos deixa. Piti Sanz foi o mais excêntrico das Producións Teatrais Excéntricas. Curtido no rocanrol, encontrou no teatro a forma onde expresar o seu tanxencial paso polo mundo.
Chegounos nos anos 90 da escena roqueira de Lugo, desde proxectos como Sindicato Agrario e Contentos, coa garrafa de bourbon escondida no casaco de coiro. Na escena compostelán soubo de outros licores, e na Sala Nasa , encontrou o cóctel que o namorou para sempre, as doses certas de música e teatro, a alquimia da ironía e da potencia.
Moitas persoas lembrarán The Ellas, S4N2, a Banda do Rei ou o retorno dos Resentidos. Connosco sempre estarán, as suas Ultranoites, e o pallaso inclasificábel que cultivou en “Cultura para Dar e Tomar”, “FinisMundi Circus” (a carón de NARF) ”Mofa e Befa, Románticos”. Alí mudaba de nome, era Pitín Muñoz, Luchio Vicenti, ou o Filho-de-Deus, mais sempre estaba a buscar o seu pallaso, baixo as distintas máscaras.
A última foi a de Max, personaxe coa que brillaba en “Monstros”. Alí vimos o ser que non entende o mundo e busca descifralo por medio da música.
A sua última ilusión era o proxecto no que estaba embarcado com Mofa e Befa , “Os Dous de Sempre” no que interpretaria o cego musical que esperamos atopar á volta do caminho.
Até a vista, Piti.
"OS DOUS DE SEMPRE. O REGRESO" DE MOFA E BEFA
Producións Teatrais Excéntricas construiu os seus últimos éxitos adaptando para o teatro grandes figuras da literatura galega. A teatralidade do Porco de Pé de Risco e o Auto do Castromil de Manuel María, fixeron as delicias do público asistente ás mais de 120 funcións por toda a xeografía galega. Agora tocoulle a vez a Castelao.
Moita xente, cando escoita a expresión “Os Dous de Sempre”, no primeiro que pensa é en Mofa e Befa. E a Castelao non lle parece mal. O duo cómico fundado hai trinta anos por Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira son parte do fecundo rio do humor galego que ten a sua fonte nos bufón e no escarño medievais, e ao que tamén pertence o humor de Castelao. Mofa e Befa pertencen á estirpe dos pallasos de circo, dos artistas do cinema mudo, dos canallas do cabaret. Agora decídense a encarnar duas personaxes de papel, concebidos por un humorista gráfico: Os Dous de Sempre.
Pedriño e Rañolas son contradictorios, extremos, antagónicos, polarizados…mais amigos. Un é o arriscado soñador (unha forma do idealismo) e o outro é un pancista pusilánime (unha forma do materialismo). Esta oposición entre corpo e alma, entre estómago e corazón aparece en outras parellas famosas, como Quixote e Sancho Panza, en Jacques o Fatalista e o seu patrón ou Don Celidonio e o Doutor Alveiros, de Risco. Pedriño e Rañolas entran neste selecto clube, unidos a unha manchea de pallasos anónimos, artistas populares que correron as festas e romarias e que Castelao admirou com compasivo humor.
Os pallasos son criaturas feitas de mesturar un tolo e un neno. Para facer un bufón fai falta, ademáis, un animal, o animal que todos levamos dentro. Nenos, Tolos e Animais componen o rico universo humorístico de Castelao, o seu retábulo da risa absoluta, da comedia humana do pobo galego. Mofa e Befa vai meter todo este universo humorístico nas figuras de Pedriño e Rañolas. Os Dous de Sempre son como irmáns siameses, un corpo que se escinde polo bisturi do doutor Castelao, e que andan os dous polo mundo, incompletos, tentando reencontrarse e conformar de novo un corpo único, harmónico, no que unha parte rouba mazás , e outra, cómeas.
Elenco : Victor Mosqueira e Evaristo Calvo. Dirección: Quico Cadaval. Dramaturxia: Carme Varela. Espazo escénico e Luz: Baltasar Patiño. Figurinos: Carlos Alonso.
Estrea o 17 de outubro de 2025 no Auditorio Municipal de Rianxo
Primeiras datas confirmadas: 26 deoutubro en Sada - Do 31 de outubro ao 02 de novembro na Sala Ártika de Vigo)- Do 03 ao 05 de novembro na Sala Ártika de Vigo (Funcións matinais para centros de ensino) - 07 de novembro en Bertamiráns - 06 de decembro en Padrón

SOLICITA INFORMACIÓN

ruben.excentricas@gmail.com
Tfno de contacto: 618.752.105